sábado, 21 de enero de 2017

Chegan as páxinas web que ninguén poderá pechar

Mentres unha chea de empresas controla internet, outras poucas loitan por 'descontrolalo'. Tamén poderíamos falar de Blockstack, que pretende cambiar cómo xestionamos as nosas identidades de forma 'online'. Pero esta 'startup', xunto con outras compañías e proxectos, tamén busca transformar o sistema actual de dominios e incluso o alma misma da rede. Unha arma de doble filo da que, para ben ou para mal, poden surxir páxinas web imposibles de borrar.

Os dominios, esos .es y .com que vemos ao final das páxinas web, son xestionados pola organización sen ánimo de lucro ICANN (Corporación de Internet para a Asignación de Nomes e Números, polas súas siglas en inglés). "É como as páxinas amarelas de internet: relaciona nomes de dominio coma google.com coas direcciones IP", explica o Blockchain CTO do Grupo Barrabés, Alberto Gómez.

Este organismo neutral determina a quen pertence cada dominio, "sete persoas repartidas por todo o mundo con sete 'chaves' coas que controlar o sistema, na palabra de Gómez. Grazas a isto, España pode pechar unha web ilegal aloxada no dominio .es. Pero a tecnoloxía 'blockchain' que fai posible a criptomoeda bitcoin pode cambiar este panorama e sustituir as sete chaves por centos de miles de ganzúas anónimas.

"Agora mesmo, cando consultamos unha páxina en internet o que facemos é pedirlle a un servidor ao outro lado do mundo que nos envíe un pedazo de texto cun código", comenta Gómez. Pero nunha rede 'blockchain' todas as persoas que forman parte da rede contan cunha copia encriptada de dita información. "Unha web creada mediante este sistema non poderia ser tumbada xamáis, porque pechala implicaría apagar decenas de miles de ordenadores repartidos por todo o mundo", asegura Gómez.

O sistema recorda ao da famosa rede de anonimato Tor, que impide descubrir a identidade dos seus membros e abre as portas aos baixos fondos de internet, a chamada 'dark web'. O obxetivo da descentralización dos dominios é que o seu control non quede baixo unha única persoa, organización ou entidade: "Eso é bó, pero ten unhas connotacións non tan boas, porque entonces ¿quen vela polo que se publica en internet?", pregúntase Gómez.

No hay comentarios:

Publicar un comentario