domingo, 12 de febrero de 2017

Vantaxes dun SSD frente a un disco duro HDD

Ao pensar en cambiar un disco duro clásico por un SSD o primeiro que nos ven á cabeza é a mellora de velocidade que obtendremos. Pero non é a única.
Aos tempos de acceso moi reducidos e transferencias á máxima velocidade, que permitennos executar aplicacións con máis rapidez ou copiar/mover archivos con máis celeridade, hai que sumarlle que estamos falando de unidades basadas en memorias flash que non dispoñen de partes móviles, polo que son máis fiables e resistentes. Esto fai que as caídas dos equipos non supoñan un riesgo para os propios datos (se o SSD non resulta danado, claro).

Sobre a fiabilidade co tempo e GB de escritura, salvo casos moi concretos, cambiaremos de equipo ou unidade antes de que a actual comece a fallar.
Os SSD son tamén discos silenciosos no seu funcionamento, e cun consumo moi reducido respecto aos HDD clásicos, ao non requerir movemento de parte alguna. Co avance na capacidad coa que podemos conseguilos sen que a diferenza de prezo sexa moi grande respecto aos discos clásicos e unha creciente fiabilidade, non hai motivo para non contar cun SSD no noso sobremesa ou portátil salvo casos moi concretos.


Uber quere crear coches voladores e competirá con Google e Airbus nese ambicioso segmento



Os esforzos de diversas compañías por crear coches voladores escomezaron a popularizarse e a última en apuntarse a dito reto é Uber. Esta empresa contratou ao experto da NASA Mark Moore, que leva anos investigando a idea de vehículos VTOL (vertical take-off and landing) capaces de ofreceren as vantaxes que buscan estos proxectos.

A empresa xa publicou un informe fai poucos meses no que se exploraban os planes para Uber Elevate, a división da empresa dedicada ao desenrolo de coches voladores. Os proxectos que pretenden convertir a estos coches voladores nunha realidade son moito máis serios do que pódese imaxinar, e empresas como Google ou Airbus están invirtindo moito tempo e diñeiro en lograren que este tipo de vehículos cheguen ao mercado o antes posibel.


Os coches voladores poderían chegar máis pronto ca tarde

Moore parece confiar en que Uber será non obstante a primera en lograr non xa un prototipo, senón un produto comercial con toda a tecnoloxía que será necesaria para que estos vehículos sexan eficientes e, claro está, seguros. Entre os apartados clave están a autonomía das baterías destos vehículos ou a contaminación acústica que poden provocar os motores destos vehículos.

No informe de Uber indicábase que "así como os rañaceos permitiron ás ciudades usar un terreo limitado de forma eficiente, o transporte urbano aéreo utilizará o espazo aéreo tridimensional para aliviar a conxestión do transporte terrestre".

Uber non será a única en enfrentar este problema, claro. Larry Page invertiu 100 millóns de dólares en dúas empresas (Zee.Aero e Kitty Hawk) que están desenrolando este tipo de vehículos, pero ademiás temos a Airbus e a outras startups como Joby Aviation, Terrafugia ou AeroMobil, unha empresa eslovaca que leva probando os seus prototipos neste ámbito dende 2014.


sábado, 11 de febrero de 2017

O novo coche eléctrico que quere batir a Tesla con 1.000 CV e moito luxo: Lucid Air pasease por San Francisco

Lucid Motors, é unha compañía californiana que puxo tódolos ingredientes sobre a mesa para dicir que ten un coche mellor que un Tesla, outra cousa é cando o vaian vender e a que precio. Por iso non poidemos nin sequera comparar a valía de ámbalas dúas empresas, pero tampouco vámonos a olvidar de cubrir as suas promesas, xa que a proposta sobre o papel é moi atractiva.
Lucid Air é unha proposta de esas que teñen moito render e moita palabra bonita, pero á que lle falta chicha: o que queremos é que nos enseñen coches de verdade, a ser posibel, circulando. Pois dito e feito, o poderoso automóvil eléctrico estivo circulando polas beiravías de San Francisco, ao tempo que a compañía mostrou un vídeo publicitario no que poidemos coñecer algo mellor á criatura.
No vídeo que compartimos a continuación vemos ao coche circular polo Golden Gate e meterse no downtown de San Francisco, pero posibelmente o máis chamativo sexa ver algo do interior do Lucid Air: a configuración de catro ocupantes coa máxima calidade e tecnoloxía - hai catro pantallas, unha central traseira -, é unha das prioridades.
https://youtu.be/LyTA7Cvhqwg (enlace ao vídeo-presentación do novo coche de Lucid)
Cousas que temos que saber acerca da criatura. Pois que leva unhas baterías de 100kWh desenroladas por Samsung SDI, e si, ese é o mesmo tamano que ten a unidade máis grande que ten Tesla nos seus coches. Uns coches que xa vende, non son ningunha promesa.
Lucid Air non só pretende estar ao mellor nivel en tecnoloxía de propulsión eléctrica, tamén quere ser un referente en luxo.
Máis interesante parece ser unha segunda versión en desenrolo que tendrá unha batería de 130kWh, capaz de realizar dunha tacada uns 644 kilómetros. A batería de 100kWh dicen que dará para realizar uns 482 kilómetros, que tampouco é moco de pavo.
Se a autonomía non vos sorprende cicais o faga o rendimiento. Lucid Air promete 1000CV e unha aceleración brutal, tarda uns 2,5 segundos en porse a 100km/h.


Xiaomi fabricará procesadores para os seus móviles, competindo con Apple, Huawei e Samsung

Ata a data actual os responsabeis de Xiaomi acudiran a microprocesadores de Qualcomm ou de MediaTek para os seus smartphones, pero eso podería cambiar pronto, porque segundo The Wall Street Journal , Xiaomi comezará a desenrolar os seus propios procesadores móviles.

Eso supón un novo paso diferencial para unha empresa que poderá así unirse a ese grupo de fabricantes con procesadores propios: Apple, Samsung e Huawei que levan ofrecendo dispositivos coas suas propias CPUs dende fai tempo, algo que axuda a mellorar rendemento e eficiencia dos dispositivos, pero tamén a mellorar o marxen de beneficio e a independencia de terceiras partes.

Benvidos, Pinecone

Espérase que os procesadores en desenrolo, que teñen como nome en clave "Pinecone" estén disponibeis nun mes, e de feito fai uns días xa se falaba de que estos desenrolos estuveran directamente dirixidos á gama alta: competirían (teóricamente) cos prometedores Snapdragon 835 de tú a tú.

Os modelos "base" serán os Pinecone V670 fabricados na tecnoloxía de 28 nanómetros, contarán con oito núcleos Cortex-A53 e unha GPU Mali-T80 MP4 de catro núcleos, e permitirán ofrecer solucións de gama de entrada e gama media competitivas.

O interesante está nos Pinecone V970, fabricados aparentemente coa tecnoloxía de 10 nanos (a mesma que a dos Snapdragon 835, por exemplo) e ofrecerá catro núcleos Cortex-A73 a 2,7 GHz e outros catro Cortex-A53 a 2 GHz buscando a eficiencia. A GPU é a Mali G71 de 12 núcleos, co que dende logo tendríamos un poderoso SoC para os futuros smartphones de Xiaomi.

viernes, 10 de febrero de 2017

O novo rifle do exército dos EE.UU.convertirá a calquera en francotirador de élite

Fai tempo que vemos falando do impacto que a tecnoloxía pode tener en todo tipo de armamento. Rifles como aquel prometedor Tracking Point basado en Linux facían que acertar no blanco fora moito máis fácil, pero aquel proxecto acabouse abandoando, ainda que a idea subxacente fora agora recuperada polo exército dos Estados Unidos.

Un novo rifle para francotiradores desenrolado polo exército estadounidense contará cun sistema computerizado que permitirá acelerar notabelmente os cálculos que influen na precisión do disparo (vento, altitude, características da bala). A mira telescópica para rifles, chamada BOSS, fará que a labor dos francotiradores sexa moito máis simple nesa parte teórica.
Ese punto de mira non sirve: este sí

O chamado Ballistically Optimized Sniper Scope (BOSS) está desenrolado para os rifles Leupold Mark IV 6-222, e conta cunha mira láser e unha serie de sensores avanzados que permiten recolectar os datos necesarios para que unha calculadora balística ofreza a mellor configuración para que o francotirador poida acertar no blanco.



Aínda que a cruceta convencional das miras telescópicas permite apuntar con certa precisión, hai elementos que é moi difícil controlar cando o disparo debe facerse a unha distancia importante. Temas como a gravidade ou a dirección e intensidade do vento influen notabelmente, e BOSS proporciona ao francotirador unha referencia adicional para apuntar que o tirador pode situar sobre o obxetivo antes de apretar o gatillo.

En realidade os sensores e o sistema desenrolado para BOSS pode ter outras aplicacións, e se podería utilizar para que as tarefas de estudo de movementos de tropas foran tamén máis precisos. O accesorio é enorme e pesado (1,5 kg) pero espérase que o prototipo inicial se refine para que sexa o suficientemente compacto para que se poida suministrar aos soldados a partires do ano 2020.

martes, 7 de febrero de 2017

Novo dron para levar medicamentos a zonas de dificil acceso


A  Defense Advanced Research Projects Agency (DARPA) dos Estados Unidos creou un dron de papel único que permitiría sacarlle proveito a este tipo de vehículo aéreo non tripulado para levar  medicamentos a lugares de difícil acceso por sufriren, por exemplo, un desastre  natural.

Os funcionarios da axencia financiaron a un grupo de  investigación aerodinámica de San Francisco para desenvolver un planador desbotable que sería precisamente definido para levar medicamentos para lugares aos que as persoas non poden chegar facilmente.
Estes avións non poden voar, so planear.

O dron está diseñado precisamente para facer só esa viaxe de ida: está construido con papel e materiais baratos, de modo que podería facer un único traxecto. Esto simplifica tanto o diseño coma os requisitos do dron, que grazas a ese recorrido único podería transportar máis medicinas.

Estes planeadores autónomos non teñen motor: serían lanzados dende unha aeronave en pleno voo que os lanzaría para que chegaran ao seu destino. En cada dron hai unha pequena computadora de a bordo e sensores que permiten axustar as superficies do control do dron, como as súas ás ou o timón, para poder chegar con éxito ao lugar de aterrizaxe.

O diseño tamén ten en conta que o transporte dos dróns debe ser eficiente, e por elo crearon unha mochila plana na cal é posible encontrar as pezas do dron para logo ensamblalo fácilmente sen ter coñecementos avanzados. Agora queda por ver se este proxecto de investigación acaba tendo aplicacións prácticas.