sábado, 11 de febrero de 2017

O novo coche eléctrico que quere batir a Tesla con 1.000 CV e moito luxo: Lucid Air pasease por San Francisco

Lucid Motors, é unha compañía californiana que puxo tódolos ingredientes sobre a mesa para dicir que ten un coche mellor que un Tesla, outra cousa é cando o vaian vender e a que precio. Por iso non poidemos nin sequera comparar a valía de ámbalas dúas empresas, pero tampouco vámonos a olvidar de cubrir as suas promesas, xa que a proposta sobre o papel é moi atractiva.
Lucid Air é unha proposta de esas que teñen moito render e moita palabra bonita, pero á que lle falta chicha: o que queremos é que nos enseñen coches de verdade, a ser posibel, circulando. Pois dito e feito, o poderoso automóvil eléctrico estivo circulando polas beiravías de San Francisco, ao tempo que a compañía mostrou un vídeo publicitario no que poidemos coñecer algo mellor á criatura.
No vídeo que compartimos a continuación vemos ao coche circular polo Golden Gate e meterse no downtown de San Francisco, pero posibelmente o máis chamativo sexa ver algo do interior do Lucid Air: a configuración de catro ocupantes coa máxima calidade e tecnoloxía - hai catro pantallas, unha central traseira -, é unha das prioridades.
https://youtu.be/LyTA7Cvhqwg (enlace ao vídeo-presentación do novo coche de Lucid)
Cousas que temos que saber acerca da criatura. Pois que leva unhas baterías de 100kWh desenroladas por Samsung SDI, e si, ese é o mesmo tamano que ten a unidade máis grande que ten Tesla nos seus coches. Uns coches que xa vende, non son ningunha promesa.
Lucid Air non só pretende estar ao mellor nivel en tecnoloxía de propulsión eléctrica, tamén quere ser un referente en luxo.
Máis interesante parece ser unha segunda versión en desenrolo que tendrá unha batería de 130kWh, capaz de realizar dunha tacada uns 644 kilómetros. A batería de 100kWh dicen que dará para realizar uns 482 kilómetros, que tampouco é moco de pavo.
Se a autonomía non vos sorprende cicais o faga o rendimiento. Lucid Air promete 1000CV e unha aceleración brutal, tarda uns 2,5 segundos en porse a 100km/h.


No hay comentarios:

Publicar un comentario