sábado, 11 de febrero de 2017

Xiaomi fabricará procesadores para os seus móviles, competindo con Apple, Huawei e Samsung

Ata a data actual os responsabeis de Xiaomi acudiran a microprocesadores de Qualcomm ou de MediaTek para os seus smartphones, pero eso podería cambiar pronto, porque segundo The Wall Street Journal , Xiaomi comezará a desenrolar os seus propios procesadores móviles.

Eso supón un novo paso diferencial para unha empresa que poderá así unirse a ese grupo de fabricantes con procesadores propios: Apple, Samsung e Huawei que levan ofrecendo dispositivos coas suas propias CPUs dende fai tempo, algo que axuda a mellorar rendemento e eficiencia dos dispositivos, pero tamén a mellorar o marxen de beneficio e a independencia de terceiras partes.

Benvidos, Pinecone

Espérase que os procesadores en desenrolo, que teñen como nome en clave "Pinecone" estén disponibeis nun mes, e de feito fai uns días xa se falaba de que estos desenrolos estuveran directamente dirixidos á gama alta: competirían (teóricamente) cos prometedores Snapdragon 835 de tú a tú.

Os modelos "base" serán os Pinecone V670 fabricados na tecnoloxía de 28 nanómetros, contarán con oito núcleos Cortex-A53 e unha GPU Mali-T80 MP4 de catro núcleos, e permitirán ofrecer solucións de gama de entrada e gama media competitivas.

O interesante está nos Pinecone V970, fabricados aparentemente coa tecnoloxía de 10 nanos (a mesma que a dos Snapdragon 835, por exemplo) e ofrecerá catro núcleos Cortex-A73 a 2,7 GHz e outros catro Cortex-A53 a 2 GHz buscando a eficiencia. A GPU é a Mali G71 de 12 núcleos, co que dende logo tendríamos un poderoso SoC para os futuros smartphones de Xiaomi.

No hay comentarios:

Publicar un comentario