martes, 7 de febrero de 2017

Novo dron para levar medicamentos a zonas de dificil acceso


A  Defense Advanced Research Projects Agency (DARPA) dos Estados Unidos creou un dron de papel único que permitiría sacarlle proveito a este tipo de vehículo aéreo non tripulado para levar  medicamentos a lugares de difícil acceso por sufriren, por exemplo, un desastre  natural.

Os funcionarios da axencia financiaron a un grupo de  investigación aerodinámica de San Francisco para desenvolver un planador desbotable que sería precisamente definido para levar medicamentos para lugares aos que as persoas non poden chegar facilmente.
Estes avións non poden voar, so planear.

O dron está diseñado precisamente para facer só esa viaxe de ida: está construido con papel e materiais baratos, de modo que podería facer un único traxecto. Esto simplifica tanto o diseño coma os requisitos do dron, que grazas a ese recorrido único podería transportar máis medicinas.

Estes planeadores autónomos non teñen motor: serían lanzados dende unha aeronave en pleno voo que os lanzaría para que chegaran ao seu destino. En cada dron hai unha pequena computadora de a bordo e sensores que permiten axustar as superficies do control do dron, como as súas ás ou o timón, para poder chegar con éxito ao lugar de aterrizaxe.

O diseño tamén ten en conta que o transporte dos dróns debe ser eficiente, e por elo crearon unha mochila plana na cal é posible encontrar as pezas do dron para logo ensamblalo fácilmente sen ter coñecementos avanzados. Agora queda por ver se este proxecto de investigación acaba tendo aplicacións prácticas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario