domingo, 12 de febrero de 2017

Uber quere crear coches voladores e competirá con Google e Airbus nese ambicioso segmento



Os esforzos de diversas compañías por crear coches voladores escomezaron a popularizarse e a última en apuntarse a dito reto é Uber. Esta empresa contratou ao experto da NASA Mark Moore, que leva anos investigando a idea de vehículos VTOL (vertical take-off and landing) capaces de ofreceren as vantaxes que buscan estos proxectos.

A empresa xa publicou un informe fai poucos meses no que se exploraban os planes para Uber Elevate, a división da empresa dedicada ao desenrolo de coches voladores. Os proxectos que pretenden convertir a estos coches voladores nunha realidade son moito máis serios do que pódese imaxinar, e empresas como Google ou Airbus están invirtindo moito tempo e diñeiro en lograren que este tipo de vehículos cheguen ao mercado o antes posibel.


Os coches voladores poderían chegar máis pronto ca tarde

Moore parece confiar en que Uber será non obstante a primera en lograr non xa un prototipo, senón un produto comercial con toda a tecnoloxía que será necesaria para que estos vehículos sexan eficientes e, claro está, seguros. Entre os apartados clave están a autonomía das baterías destos vehículos ou a contaminación acústica que poden provocar os motores destos vehículos.

No informe de Uber indicábase que "así como os rañaceos permitiron ás ciudades usar un terreo limitado de forma eficiente, o transporte urbano aéreo utilizará o espazo aéreo tridimensional para aliviar a conxestión do transporte terrestre".

Uber non será a única en enfrentar este problema, claro. Larry Page invertiu 100 millóns de dólares en dúas empresas (Zee.Aero e Kitty Hawk) que están desenrolando este tipo de vehículos, pero ademiás temos a Airbus e a outras startups como Joby Aviation, Terrafugia ou AeroMobil, unha empresa eslovaca que leva probando os seus prototipos neste ámbito dende 2014.


No hay comentarios:

Publicar un comentario